Sin categoría

A Camoesa organiza unha excursión á Illa de Sálvora

A Asociación de Veciños A Camoesa organiza unha excursión á Illa de Sálvora o vindeiro sábado 30 de setembro con saída ás 8:30 da mañá desde a Casa da Cultura de Camos con destino O Grove.

Tras a chegada ao embarcadoiro os participantes collerán o barco con destino á Illa de Sálvora, pertencente tamén ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, para coñecer os seus elementos máis emblemáticos como o seu faro. Farase unha ruta a pé pola illa durante 2 horas aproximadamente.

De regreso no Grove, haberá un xantar nun restaurante da zona. Pola tarde subida ao Monte Siradella, en cuxo miradoiro se poderán admirar preciosas vistas da Ría de Arousa e onde se atopa o Centro de Interpretación da Natureza, visita á Illa da Toxa, tempo libre para pasear por esta vila termal. Regreso a Camos.

O prezo da excursión é de 48 euros por persoa e inclúe barco para visitar a Illa de Sálvora, guía local para realizar as visitas a Sálvora, xantar en restaurante, visitas que se indican (sen entradas), seguro de asistencia en viaxe e autocar. Máis información e reservas no teléfono 645 947 801.