Anuncios
Ticker de novas

Ovalmi prepara a súa tradicional Cea da Amizade

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) celebra o vindeiro sábado 10 de novembro no Parador de Turismo “Conde de Gondomar” de Baiona a súa tradicional Cea da Amizade. Os asistentes poderán gozar dunha agradable velada con gran sorteo de agasallos doados por asociados, DJ coa mellor música para animar a festa e barra libre por 40 euros por persoa. Este ano ademais, coa ocasión da celebración do 25 Aniversario da Asociación, haberá algunha sorpresa máis. Os interesados en participar deberán poñerse en contacto coa Asociación no teléfono 986 36 67 30 ou en asociacion@ovalmi.com. Non é necesario ser nin asociado nin empresario. Ademais, o Parador ofrece unha oferta especial para os que queiran quedar a durmir despois da cea, 57 euros cuarto dobre con almorzo para dous incluído.

Anuncios