Baiona acolle a oitava edición do Torneo Internacional Baíña F.S.

FOTO: BAÍÑA FS

Este sábado 9 e domingo 10 de setembro celébrase a oitava edición do Torneo Internacional Baiña F.S.

A principal novidade este ano é que se amplía o torneo a toda a base. O sábado de mañá nos pavillóns Municipal e de Covaterreña haberá unha xornada de convivencia e diferentes partidos coa Quinta de Tui nas categorías de prebenxamín a alevín.

Xa de tarde en categorías infantil e cadete haberá dous triangulares coa Quinta de Tui e Sala Ourense e a continuación a competición xuvenil, onde os anfitrións enfrontaranse a equipos de gran nivel como Pecheches (División de Honra Xuvenil), Tropa Coles (Liga Galega) e A Quinta de Tui (Liga Galega).

Por último, o domingo 10 ás 17:00 no Municipal de Baiona, presentarase o primeiro equipo do Baíña F.S. nun partido ante o ADC Anha de Viana do Castelo en Portugal.

Para todos os interesados en xogar ao fútbol sala ou en inscribir ao seu fillo, as inscricións continúan abertas para formar parte dalgún dos equipos do Baíña F.S.

CADRO 8 TORNEO INTERNACIONAL BAÍÑA F.S.

Anuncios