O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza unha excursión a Silleda a través do programa “En ruta coa Depo” o vindeiro domingo 17 de setembro con saída ás 8:00 da mañá. Visitarase o Castro de Toiriz, o Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, a Fervenza do Toxa e escenarios da serie “O final do camiño”. O prezo é de 12 euros (8 euros para os menores) con comida incluída. As inscricións poden realizarse no teléfono 628 986 597.
O Centro Cultural de Parada organiza unha excursión a Silleda

