Festas na honra do Bo Xesús da Paciencia en Priegue

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión do Bo Xesús da Paciencia en Priegue.

A parroquia nigranesa de Priegue celebra este fin de semana as festas na honra do Bo Xesús da Paciencia.

O venres 1 ás 19:00 horas celebrarase unha Misa Rezada na honra de San Mamed.

O sábado 2 ás 10:30 da mañá a Banda de Música de Taboexa ofrecerá un pasarrúas. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne na honra da Virxe do Carme, cantada pola Coral de Baredo. A continuación sairá a procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá ao finalizar un concerto. Pola noite, as orquestras Os Trovadores e Atlanta amenizarán a verbena.

O domingo 3 ás 10:30 da mañá a Banda Unión Musical de Guláns ofrecerá un pasarrúas. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne na honra do Bo Xesús da Paciencia cantada pola Coral Stella Maris de Priegue. A continuación sairá a procesión acompañada pola mesma banda de música, que ofrecerá ao finalizar un concerto e pola noite amenizará a verbena xunto a orquestra Saudade.

O luns 4 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne e ás 17:00 horas as grandes cucañas. Pola noite, a orquestra Alcázar e o grupo Azar amenizarán a verbena fin de festa.

Anuncios