12 establecementos ofrecerán «As Tapas do Conde» do 1 ao 10 de setembro

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) e a Concellería de Comercio de Gondomar, organizan do 1 ao 10 de setembro a quinta edición de «As Tapas do Conde».

Serán 12 os establecementos de Gondomar que participen no evento, os cales optarán ao recoñecemento á mellor Tapa do Conde 2017 nas dúas modalidades participantes: doce e salgada. Durante as dez xornadas, os veciños, visitantes e turistas poderán gozar de multitude de variedade de tapas por tan só 2,50 euros.

Serán os propios consumidores cos seus votos os que decidan cal é a tapa gañadora en ambas as dúas categorías. Entre os participantes sortearase un bono Talaso e Gastro, consistente nun percorrido mariño dunha hora e comida ou cea concertada no Hotel Talaso Atlántico de Oia.

Os establecementos participantes son Restaurante Pazo da Escola, Restaurante Vitrola, Tapería Ágora, Bocatería Lalo’s, Cafetería Keik, Cafetería Alameda, Bar Couso, Café Bar Estanco, Bar Gondomar, A Galiña do Ardora, Hamburguesería Plaza e Cafetería El Temple.

Anuncios