Anuncios
Ticker de novas

Horarios do servizo especial de transporte marítimo da Festa da Arribada

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

As compañías navieiras que operan na Ría de Vigo realizarán un servizo especial de transporte marítimo con motivo da celebración da Festa da Arribada de Baiona, coa intención de reducir o volume de tráfico que xera na vila durante a celebración desta festa declarada de Interese Turístico Internacional. O transporte marítimo permite facilitar o acceso a Baiona e evita problemas de aparcadoiro aos visitantes. Así, durante os días 3 e 4 de marzo realizaranse viaxes a Baiona desde os portos de Cangas, Moaña, Vigo e Panxón.

Mar de Ons ofrece o servizo por décimo sexto ano consecutivo. O prezo para os billetes de adulto ida e volta será de 6 euros desde os portos de Cangas e Vigo, e de 4 euros para os nenos entre 6 e 12 anos. Os billetes de adulto con saídas desde o porto de Panxón, se a compra realízase anticipadamente será de 4 euros, sendo de 3 euros os billetes para os nenos entre 6 e 12 anos. Desde calquera porto os nenos (0-5 anos) viaxarán gratis.

SÁBADO 3 DE MARZO

Cangas-Vigo-Baiona
Saídas Cangas: 10:15, 11:45 e 15:00
Saídas Vigo: 10:45, 12:15 e 15:30
Saídas Baiona: 19:45, 22:15 e 00:30

Panxón-Baiona
Saídas desde Panxón cada hora desde as 12:00 ata as 23:00 horas.
Saídas desde Baiona cada hora desde as 12:30 ata as 23:30 horas.

DOMINGO 4 DE MARZO

Cangas-Vigo-Baiona
Saídas Cangas: 10:15, 11:45 e 15:00
Saídas Vigo: 10:45, 12:15 e 15:30
Saídas Baiona: 18:45 e 21:30

Panxón-Baiona
Saídas desde Panxón cada hora desde as 12:00 ata as 20:00 horas.
Saídas desde Baiona cada hora desde as 12:30 ata as 20:30 horas.

A venda de billetes está xa dispoñible a través da páxina web de Mar de Ons www.mardeons.com ou chamando ao 986 22 52 72.

BARCOS ILLAS CÍES

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Piratas de Nabia ofrece o billete de ida e volta Vigo/Moaña/Cangas por 8 euros (4 euros nenos) e desde Panxón por 4 euros (3 euros nenos), en ambos os dous casos realizando a compra de maneira anticipada. Os nenos de 0 a 3 anos viaxarán gratis.

SÁBADO 3 DE MARZO

Moaña-Cangas-Vigo-Baiona
Saídas desde Moaña: 10:00, 11:00 e 15:00
Saídas desde Cangas: 10:00, 11:30, 15:15, 20:30 e 23:00
Saídas desde Vigo: 10:30, 12:00, 15:45, 20:00 e 23:30
Saídas desde Baiona: 13:30, 19:00, 22:00 e 01:00

Panxón-Baiona
Saídas desde Panxón cada hora desde as 12:30 ata as 00:30 horas.
Saídas desde Baiona cada hora desde as 13:00 ata as 01:00 horas.

DOMINGO 4 DE MARZO

Moaña-Cangas-Vigo-Baiona
Saídas desde Moaña: 09:30, 11:00 e 14:30
Saídas desde Cangas: 10:00, 11:30 e 15:15
Saídas desde Vigo: 10:30, 12:00 e 15:45
Saídas desde Baiona: 13:30, 19:00 e 21:30

Panxón-Baiona
Saídas desde Panxón cada hora desde as 12:30 ata as 20:30 horas.
Saídas desde Baiona cada hora desde as 13:00 ata as 21:00 horas.

Máis información no teléfono 986 32 00 48 ou na web www.piratasdenabia.com.

Anuncios