Baiona pecha a campaña “Presume de Galicia” con 200.000 impactos nas redes sociais

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // José Luis Álvarez, Beatriz González, Ángel Rodal, Nava Castro, Ignacio López Chaves e Francisco González, este mércores no Paseo Ribeira de Baiona.

O Paseo da Ribeira de Baiona foi o escenario escollido polo Cluster de Turismo de Galicia para pechar a campaña “Presume de Galicia” posta en marcha para reforzar a marca Galicia como destino turístico.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o delegado da Xunta na área de Vigo, Ignacio López-Chaves; a concelleira de Turismo de Baiona, Beatriz González, e o presidente do Cluster Turismo de Galicia, Francisco González, asistiron ao acto de clausura da promoción no paseo baionés, ao que tamén acudiu o presidente do Monte Real Club de Yates de Baiona, José Luis Álvarez.

Durante os dous últimos días (de 10:00 a 20:00 horas), un stand con photocall estivo a disposición dos veciños e visitantes para que poidan subir as súas imaxes tanto ás redes sociais como á páxina web http://www.presumedegalicia.com.

A campaña “Presume de Galicia” xa tivo un total de 200.000 impactos e 3.000 fotos nas redes sociais, onde conta cun total de 90.000 seguidores, 80.000 dos cales na rede social Facebook. Paisaxe, natureza, Camiño de Santiago e gastronomía son os elementos que identifican ao turismo en Galicia, segundo as imaxes compartidas.

Anuncios