Un centenar de nenos e nenas participaron no XV Torneo de Pesca Infantil de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este venres celebrouse a XV edición do Torneo de Pesca Infantil “Vila de Baiona”, organizado polas Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas.

Desenvolveuse no porto pesqueiro coa participación de 101 nenos e nenas repartidos nas categorías Sub 8, Sub 12 e Sub 16, concentrando ademais a gran cantidade de curiosos nunha tarde moi asollada e propicia para o desenvolvemento do concurso.

Durante o transcurso do evento, os participantes estiveron arroupados por José Castro, monitor da Escola Municipal de Pesca, Raúl Costas, concelleiro de Actividades Marítimas, e Ángel Rodal, alcalde de Baiona, que pecharon o concurso coa entrega de premios e agasallos.

Cadro de vencedores

CATEGORÍA SUB 8:
1º – Lucas Montaña – 2.200 puntos.
2º – Noel Rouco – 1.069 puntos.
3º – Inés Selegante – 345 puntos.

CATEGORÍA SUB 12:
1º – Miguel Vila – 1.096 puntos.
2º – Jonathan Hermida – 861 puntos.
3º – Diego Camescasse – 686 puntos.

CATEGORÍA SUB 16:
1º – César Alonso – 4.958 puntos.
2º – Manuel Blach – 1.358 puntos.
3º – Miguel Corcobado – 1.309 puntos.

PEZA MAIOR DO TORNEO:
1º – César Alonso – 1.152 puntos.

MAIOR NÚMERO DE PEZAS:
1º – Xulia Iglesias Ferreira – 12 piezas.

CAMPIÓN ABSOLUTO DO TORNEO:
1º – César Alonso – 4.958 puntos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios