O CB Nigrán arranca a pretempada con dous novos equipos, sénior e cadete masculino

FOTO: CB NIGRÁN

O CB Nigrán iniciará durante a última semana de agosto os adestramentos dos equipos cadete e infantil masculino, cadete e infantil feminino e sénior masculino. Dous destes quipos formarán parte por primeira vez da estrutura deportiva do club desde que reiniciou a súa actividade hai agora 4 tempadas, cumprindo así unha vez máis o obxectivo marcado desde un primeiro momento de ir incrementando un ou dous equipos cada tempada. O equipo sénior ademais, estará conformado por algúns dos xogadores que formaron parte do persoal do CB Nigrán hai xa algúns anos e que hai uns meses puxéronse en contacto co club para manifestar o seu desexo de volver formar parte da súa estrutura.

O resto de categorías de minibasket, baby, benxamín e alevín iranse incorporando de forma progresiva aos diferentes adestramentos. Tanto os horarios como a distribución dos días no Pavillón Municipal e o CPI de Panxón comunicaranse nos próximos días xa que aínda se están realizando diferentes reunións para pechar os devanditos horarios.

A partir de outubro comezarán a funcionar tamén as diferentes escolas deportivas que o club ten en todos os colexios de Nigrán: CEIP Humberto Juanes, CEIP Mallón, CEIP Carlos Casares, CPI Panxón e CEIP Cruz Camos. Estas escolas foron desde o principio unha forte aposta que co tempo convertéronse nun referente importante para o crecemento do club e que se viu reflectido na organización o pasado mes de xuño da I COLEBASKET, evento ao que club quere dar continuidade.

Aínda que a maioría dos equipos xa completaron os seus persoais, nalgunhas categorías aínda hai prazas polo que desde o CB Nigrán organizáronse unhas xornadas de portas abertas para todos aqueles nenos e nenas que queiran probar este deporte. As persoas interesadas poden poñerse en contacto co club a través do mail c.baloncestonigran@gmail.com, onde se lles achegará toda a información necesaria.