Xosé Antonio Touriñán presenta en Baiona o monólogo “Manolo Lojo”

A Concellería de Cultura de Baiona ofrece este sábado 19 de agosto o monólogo «Manolo Lojo» da man de Xosé Antonio Touriñán. Será a partir das 23:00 horas na Praza do Concello. O espectáculo de 70 minutos de duración, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017, está dirixido a todos os públicos.

Xosé Antonio Touriñán, coñecido e televisivo humorista, convértese en «Manolo Lojo» nun monólogo que provocará sorrisos e risas entre o público. A súa interpretación de Mucha, un dos personaxes da Cantareiras de Ardebullo da TVG fíxoo, saltar á fama. Ten participado en diversos programas de televisión, series e filmes.

Anuncios