Este mércores 16 de agosto ás 22:30 horas proxectarase a película “Angry Birds” no Parque Ponte das Rosas de Gondomar, dentro do programa Cultura de Verán 2017 organizado pola Concellería de Cultura.
Baseada na colección de videoxogos «Angry Birds», a historia desenvólvese nunha illa poboada por aves felices que non voan. Neste paraíso, Red, un paxaro con moi mal xenio, o veloz Chuck e o volátil Bomb nunca terminaron de encaixar. Pero cando chegan á illa uns misteriosos porcos verdes, serán estes tres marxinados os que pescuden que traman os estraños visitantes.

