Unha empanada de case 80 quilos para celebrar os 100 anos da Parranda de San Pedro

Alberto Gándara de Tupana Obrador coa empanada do centenario da Parranda de San Pedro.

A Parranda de San Pedro celebra este mércores o seu 100 aniversario e como cada 16 de agosto cumprirá coa tradición de cubrir o traxecto entre A Ramallosa e Morgadáns a pé os maiores, e os nenos, as viandas e os músicos subidos a tractores debidamente engalanados.

Para a ocasión, Tupana Obrador, de Nigrán, preparou unha empanada de máis de 2 metros de ancho por 3 de longo, cun peso de entre 75 e 80 quilos, e elaborada de carne, bonito, bacallau, zorza, polbo e polo.

Unha vez no torreiro de festas de San Roque, todos os asistentes e colaboradores que comprasen a camiseta do centenario, poderán degustar unha ración da gran empanada.