Anuncios
Ticker de novas

Concerto de Abóbriga na Praza do Concello de Baiona

FOTO: ABÓBRIGA

Este luns 14 de agosto ás 23:00 horas o grupo de música folk Abóbriga ofrecerá un concerto na Praza do Concello de Baiona, incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2017 organizado pola Concellaría de Cultura.

Abóbriga xorde a finais do ano 2008, onde parte dos gaiteiros do Monteboi contactaron con varios músicos para facer unha colaboración nunhas actuacións informais, e tanto gustou o resultado que decidiron formalizar o grupo.

No 2012 lanzan o seu primeiro traballo discográfico chamado “Foliada en Baiona”. Son 16 temas onde ofrecen unha mostra da historia da música tradicional do municipio mesturados con composicións propias como o “Pasodobre Punta Balea” e con cancións populares como a “Foliada de Baiona” ou a “Muñeira de Baiona”, recompiladas da tradición oral. Tamén hai que destacar a presenza dunha peza inédita, unha danza das espadas encontrada no Arquivo Provincial de Pontevedra.

O nome do grupo, “Abóbriga”, provén dos antigos gregos, que denominaban así o pobo onde naceu a agrupación, a actual Baiona.

Anuncios