Anuncios
Ticker de novas

Couso celebra a XIV Festa Gastronómica “As delicias do porco”

A Banda de Gaitas Novos Aires de Couso e a Comunidade de Montes de Couso organizan este domingo 13 de agosto coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar a Festa Gastronómica “As delicias do porco”.

O evento, que cumpre a súa XIV edición, será no Torreiro da Festa da Virxe dos Remedios en Couso, e aínda que para degustar o famoso “porco ao espeto” era necesaria reserva previa, os que asistan poderán degustar igualmente racións de porco, zorza, lacón, orella, etc.

Anuncios