Vincios celebra a festividade de Santa Lucía

A parroquia gondomareña de Vincios celebra o domingo 12 e o luns 13 de decembro a festividade de Santa Lucía. O domingo ás 12:00 do mediodía celebrarase unha misa vespertina na honra da Santa. O luns haberá misas cada hora desde as 7:00 ata as 11:00 da mañá. Ás 12:00 horas comezará a Misa Solemne (sen procesión), e pola tarde, celebraranse misas cada hora desde as 17:00 ata as 20:00 horas.