Anuncios
Ticker de novas

Black Stereo versiona a música negra en Gondomar

Este domingo 13 de agosto continúa a programación Cultura de Verán organizada pola Concellería de Cultura de Gondomar coa actuación de Black Stereo. Trátase dunha formación composta por cinco músicos que nace co fin de achegarnos as súas propias versións da música negra con estilos como o Soul, Rhythm & Blues, Rock & Roll, Funk… Os seus integrantes son Guillermo Gagliardi (guitarra), Julio Llorca (baixo), Héctor Agulla (batería), Toño López (voz) e Diego Tornado (saxo). O concerto comezará ás 23:00 horas no Parque da Coelleira.

Anuncios