Anuncios
Ticker de novas

Visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Visita guiada ao Pazo do Conde.

O Concello de Gondomar continúa coas actividades do IV Centenario do Conde de Gondomar D. Diego Sarmiento de Acuña con dúas visitas guiadas os venres 11 e 25 de agosto. O punto de encontro será ás 17:30 horas na Casa do Concello.

A actividade comprenderá un percorrido guiado desde a vila histórica ao Pazo do Conde, onde se darán a coñecer aspectos relevantes do seu valor patrimonial e da biografía de Diego Sarmiento de Acuña.

As prazas son limitadas polo que é necesaria inscrición previa nos teléfonos 678 874 944 (de 10:00 a 13:30 horas) e 664 646 651 ou 986 38 91 94 (de 16:00 a 18:30 horas).

Anuncios