Sin categoría

Preto de 40 mozos participaron nas tradicionais cucañas marítimas da Anunciada

Ao redor de 40 mozos participaron este domingo no concurso de cucañas marítimas que tradicionalmente se veñen celebrando na Festa da Anunciada desde o pasado século XX, organizadas pola Concellería de Cultura de Baiona.

As cucañas marítimas de Baiona organízanse anualmente o primeiro domingo do mes de agosto dentro da programación das Festas da Anunciada no porto pesqueiro.

O tradicional concurso das cucañas marítimas consiste en deslizarse por un pau previamente engrasado e coller a bandeira que se atopa cravada ao final do mesmo no caso da bandeira especial e 50 cm antes do final, no caso da bandeira normal, establecéndose como premio 10 euros por bandeira normal e 20 por bandeira especial.

Considérase que o concursante colleu a bandeira cando ao caerse á auga sostén a bandeira na súa man e a mostra ao xurado.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.