Anuncios
Ticker de novas

O IEM organiza unha xornada de xogos populares galegos e saharauís

O vindeiro xoves 10 de agosto, con motivo das actividades que o IEM está a levar a cabo coas familias acolledoras de nenos e nenas saharauís no Val Miñor, terá lugar unha xornada de xogos populares galegos e saharauís, nos que participarán dun intercambio deste patrimonio cultural. Os elementos característicos que nos achegan a cooperación, á diversidade, a tomar conciencia da propia identidade e axuda a incorporar as regras promovendo o respecto polos/as outros/as.

Estas xornadas van dirixidas tanto ás familias acolledoras, nenos e nenas como a aquelas familias que queiran compartir estes momentos lúdicos.

O lugar da celebración dos xogos será no Parque Ponte de Rosas ás 18:00h. A organización dos xogos estará a cargo das mestras María Lemos, Alba Costas e Begoña Martínez.

Os xogos populares galegos serán a Chave, Zancos, e Corda, e o Pano como final colectivo. Os xogos populares saharauís serán o Pisu, Dama, Talbat e o Ometsalvi como colectivo final.

Anuncios