Anuncios
Ticker de novas

A Policía Autonómica controla o consumo de alcohol, tabaco e drogas en menores en Nigrán

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 104 inspeccións de control, nun total de 16 dispositivos en 14 concellos galegos.

Por parte dos distintos grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, nesta pasada semana realizáronse 13 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Ames, Lalín, Lugo, Marín, Nigrán, O Carballiño, Ourense, Pontevedra, Rianxo, Rodeiro, Santiago de Compostela, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 13 persoas e inspeccionadas 104 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 6 actas de infracción: 3 por consumo de alcol en menores, e outras 3 por venda de alcol a menores.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Anuncios