Anuncios
Ticker de novas

Arrancan as Festas da Anunciada con La Patrulla e Seguridad Social

Este venres as Festas da Anunciada ofrecerán ás 22:30 horas o concerto de Seguridad Social, que terá como teloneiros ao grupo La Patrulla, de Baiona. Previamente, ás 20:30 horas, o malabarista Pablo Trasno ofrecerá o seu espectáculo de rúa na alameda da Carabela Pinta.

Ao día seguinte e despois da tirada de fogos de luces, será a quenda da Idade de Ouro do Pop Español, cun repaso aos éxitos da música dos anos 80 con Alberto Comesaña, de Amistades Peligrosas; Pablo Perea, de La Trampa; Joaquím Padilla, de Iguana Tango, e Chus Herranz, de Musicais. Para o domingo, día da Gran Gala, actuará o músico colombiano Sebastián Yatra, que estará precedido por Tina Cousins, Melody, Karina e Bordon 4.

Anuncios