Anuncios
Ticker de novas

Unha embarcación á deriva obriga a izar a bandeira vermella en Panxón

Unha embarcación de recreo soltouse este mediodía do seu amarre no porto de Panxón. O suceso produciuse entre as 14:00 e as 15:00 horas, cando se recibiu a alerta de que un barco deportivo atopábase á deriva, terminando finalmente varado no areal.

Por precaución e para salvagardar a seguridade dos bañistas izouse a bandeira vermella, que indica a prohibición do baño, xa que o barco quedou na beira, co risco de que se volvese a penetrar no mar. Pasadas as 17:00 horas, xa coa baixamar, a embarcación quedou totalmente varada na area sen supoñer xa un perigo para os usuarios da praia.

Segundo indicou o alcalde de Nigrán, Juan González, os propietarios xa foron contactados e esperarán a que suba de novo a marea para a súa retirada. Nestes momentos, segundo comunicou o rexedor, o areal atópase con bandeira amarela, pero xa non hai ningún risco para os bañistas.

Anuncios