O DJ baionés Yaggo está levando estes días o seu tour polo Mediterráneo

Mediterranean Tour 2K17. Así chámase a xira do novo DJ baionés Yaggo que se desenvolverá en Ibiza e Málaga. Se o verán pasado daba o salto á illa branca actuando en Active e Mayfair Bar, dous dos locais máis destacados na zona este da provincia ibicenca, este ano vai un paso máis lonxe levando a cabo unha serie de actuacións na citada illa e pisará por primeira vez na súa carreira a costa andaluza, en concreto, en Málaga cidade.

Onte, levou a cabo o seu set en Aperture Terrace, unha das terrazas máis fermosas do poñente mediterráneo. Pero isto non fixo máis que comezar, xa que hoxe estará soando nunha das radios online más destacadas na zona, 06am Underground Radio e continuará tocando nos restaurantes de Cala Salada, Pío en Cala Llonga pasando antes polo extravagante local céntrico Coolture Café e levando a cabo unha sesión na lendaria emisora inglesa con sede en Ibiza todos os veráns, Fade Radio.

Sen descansar un só día, abandonará a illa e dará o salto a Málaga para actuar en Mojito’s Bar e na remarcada discoteca Gallery Club.

Unha experiencia máis para este artista que non deixa de medrar e procura buscarse un oco cos mellores artistas electrónicos do panorama nacional e tamén internacional.