
O vindeiro domingo día 6 de agosto terá lugar no recinto de festas de Chaín (Gondomar) a XXI edición da Festa do Xurelo Asado, onde os asistentes poderán degustar un menú variado a base de produtos elaborados co rei da festa: o xurelo.
Disporase de mesas e cadeiras baixo carpa onde degustar un menú composto de xurelo á brasa sobre pan de millo, croquetas, tortilla e empanada, ou racións dos mesmos a prezos populares. Prepáranse tamén para levar.