Baiona proxecta “El libro de la selva” no ciclo “Cine na Praza”

Este luns 31 de xullo continúa en Baiona o ciclo “Cine na Praza” coa película “El libro de la selva”. A proxección, incluída no programa cultural e de lecer Baiverán 2017 organizado pola Concellería de Cultura, comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello.

Mowgli (Neel Sethi), un neno criado na selva por unha manda de lobos, emprende unha fascinante viaxe de autodescubrimento cando se ve obrigado a abandonar o único fogar que coñeceu en toda a súa vida. Nova adaptación da novela de Rudyard Kipling.