Anuncios
Ticker de novas

Sufocado un incendio forestal en Baiona

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

Na noite deste xoves declarouse un incendio forestal en Baiona. A alarma saltou ás 22:00 horas nunha zona da Comunidade de Montes de Santa María de Afuera, próxima ao Barrio da Anunciada, coñecido tamén como Corea, nas proximidades do cuartel da Garda Civil.

As chamas quedaron controladas ás 22:42 e segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural aínda non se dispón dunha estimación da zona afectada. Na súa extinción participou un axente, catro brigadas e dúas motobombas.

IMG-20170727-WA0006

Anuncios