Sabarís celebra as festas de Santa Cristina

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A parroquia baionesa de Santa Cristina da Ramallosa celebra este fin de semana as festas na honra da súa patroa.

O domingo 23 ás 10:00 da mañá unha salva de bombas anunciará o inicia das festas. A continuación tres grupos de gaitas percorrerán a parroquia. Ás 20:00 horas celebrarase a Misa Solemne na honra de Santa Cristina cantada polo Coro de Homes “Voces Baionesas”. A continuación sairá a procesión desde a Igrexa ata a Praza Victoria Cadaval, acompañada pola Banda Agrupación Musical de Belesar. A partir das 22:00 horas, as orquestras Poceiro e Passarela amenizarán a verbena.

O luns 24 ás 12:00 do mediodía comezará unha Misa Solemne na honra de Santa Cristina cantada pola Coral San Lorenzo de Belesar, seguida de procesión acompañada pola Banda Agrupación Musical de Belesar, que ofrecerá un concerto ás 18:00 horas. Pola noite, a partir das 22:00 horas, a verbena estará a cargo das orquestras Anduriña e Ciudad Cristal.

O martes 25 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne e ás 18:00 horas, a Unión Musical de Guláns ofrecerá un concerto. A verbena fin de festa, que comezará ás 22:00 horas, estará amenizada polas orquestras D’Líder e Café Olé.

Anuncios