O King Pool de Nigrán volve gañar o Campionato Galego de Billar Americano

FOTO: KING POOL

O pasado fin de semana celebrouse o XXV Campionato Galego de Billar Pool nas instalacións do Pavillón Lalín Arena. Preto de 1.000 xogadores competiron en diferentes categorías e modalidades polo prezado título autonómico.

O equipo King Pool de A Ramallosa, composto por Temi Leyenda, Abraham Goméz, Brais Penela e Carlos Penela, proclamouse campión na modalidade de terceira división gañándolle o equipo Na Lúa Mix de Redondela por un resultado de 115-97, nunha final disputada dende o inicio.

Resaltar tamén os meritorios resultados do club nos que destacan: 5º posto King Pool The Game Star en 1ª categoría, 6º posto King Pool Chanclas en 2ª categoría, 16º King Pool Ramallosa en 3ª división, 6º posto do King Pool Poleo Menta, 9º do King Pool 1 en 4ª división na modalidade de equipos, e 3º posto Alejandro Doval e Jose Araújo en parellas escocesas 1ª categoría.

Na categoría individual destacar o 3º posto de Abraham Goméz e o 7º posto en Sénior 2ª categoría de Temi Leyenda, 8º posto para Óscar Puente e 25º para Alejandro Doval en 2ª division, 9º posto de Daniel Costas en 3º división, 5º posto de Carlos Penela en Sénior 3ª categoría e 8º individual 3ª división, Nerea Leyenda 5ª e 4º posto de Adrián Penela na categoría Galega Xuvenil.

Na 4ª categoría destacar a actuación de David Leal cun 3º posto e Luis Ferro 10º, xogadores que levan menos dun ano xogando e o fixeron realmente ben.

Por suposto o gran recoñecemento por parte do club King Pool cara a AGP, que é a organización encargada de realizar estes eventos, que como todos os anos efectuaron unha gran labor.