O BNG celebra o Día da Patria na Praza do Concello de Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Praza do Concello de Nigrán.

Dentro da campaña polo Día da Patria que está a desenvolver por toda a nación, o BNG organiza un Acto Público Aberto no Val Miñor para contribuír á campaña social previa ao 25 de xullo convidando á cidadanía a que compartan a celebración desta data festiva e reivindicativa. Será o domingo 23 de xullo, ás 12:15 horas da mañá, na Praza do Concello de Nigrán.

Contarán coa participación de Xosé Manuel Marcote, membro da Executiva Nacional do BNG e concelleiro en Baiona; Jéssica García, Responsable de Galiza Nova na comarca; e Noa Presas, membro da Executiva Nacional e Deputada no Parlamento Galego.

Compartirán uns petiscos e desfrutarán ademais con boa música do País, en directo.

Anuncios