Arribada Celeste celebra o seu torneo entre peñas do Celta

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Un ano máis, a peña baionesa Arribada Celeste celebra o seu torneo de F7 entre peñas do R.C. Celta de Vigo, e ao igual que o ano pasado farano solidario cunha recollida de alimentos non perecedoiros en favor da ONG baionesa “Ayuda al Mundo Necesitado” e con penso, pipetas, colares vellos, comedoiros, produtos de limpeza e demais utensilios que poidan axudar na súa labor para a protectora de animais do Val Miñor “Bai sen Pulgas”. O torneo celebrarase este sábado 22 de xullo no campo do Aral en Baiona, e prolongarase durante todo o día.

Anuncios