Cea-baile de verán no Liceo Marítimo de Baiona

Este sábado día 22 de xullo o Liceo Marítimo de Baiona organiza a súa cea de verán. Esta cea está especialmente organizada para os socios, pero estará aberta a todo aquel que queira asistir a gozar deste acto. Celebrarase no salón do Liceo Marítimo ás 22:00 horas e contará con música en directo. O seu prezo é de 20 € para os socios e de 23 para os non socios. Para asistir pódese reservar chamando ao 608 183 957.