Parada celebra a súa VII Semana Cultural

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Grupo Breogán Valle Miñor.

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, organiza a VII Semana Cultural, que se celebrará entre os días 20 e 23 de xullo. A programación comezará todos os días ás 21:00 horas.

Xoves 20 de xullo
– Grupo Folclórico Fíbulas e Grupo de Gaitas Os Swaroskys de Mañufe.
– Grupo de Pandereteiras Airiños do Sobreiro.

Venres 21 de xullo
– Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras (Mos).
– Grupo de Danza Studio 88.

Sábado 22 de xullo
– Grupo Figueiredo de Portugal.
– Grupo de Gaitas e Percusión Breogán Valle Miñor.

Domingo 23 de xullo
– Escola de Danza Moderna de Gondomar.
– Grupo Audiovisuais Breogán Valle Miñor.

Anuncios