Excarcerada unha persoa tras saírse da vía o vehículo no que viaxaba en Baiona

FOTO: GES DE A GUARDA

Unha persoa tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Porriño ao saírse da vía o vehículo no que viaxaba en Baiona. A vítima foi trasladada ata o centro hospitalario de referencia. O accidente tivo lugar na estrada que une Baiona e Oia.

061-Urxencias Sanitarias alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 7:55 desta mañá. Os efectivos sanitarios indicaban que a persoa accidentada estaba atrapada pola cadeira.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia requiriuse a intervención da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros do Porriño e GES da Guarda. Ademais, o 112 Galicia informou do ocorrido aos Bombeiros de Vigo e ao GES de Val Miñor.

ACCIDENTE EN CABO SILLEIRO
FOTO: GES DE A GUARDA
Anuncios