Anuncios
Ticker de novas

A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra renova o seu parque móbil con once vehículos

FOTO: DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA // Acto de presentación dos novos vehículos.

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, o tenente xeral do Mando de Operacións Territoriais, Laurentino Ceña Coro, e o xeneral da XV Zona da Garda Civil, Ángel Alonso Miranda, presentaron esta mañá once novos vehículos que renovan o parque móbil da provincia. Ao acto tamén asistiu o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Jorge González Veiga, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz.

Os novos coches son das marcas Citroën, Nissan e Toyota e repartiranse entre as cinco Compañías da Comandancia. Serán destinados ás necesidades da Compañía Fiscal do porto e aeroporto e á Unidade de Seguridade Cidadá. Nesta primeira entrega de 2018 adxudicáronse 28 vehículos ás Comandancias de toda Galicia.

ADAPTADOS ÁS NECESIDADES POLICIAIS

Os coches completáronse cos accesorios e extras que responden as necesidades do servizo policial. Todos eles incorporan os novos biombos de seguridade extraíble, unha característica que lles confire unha alta versatilidade como coche policial, xa que permite utilizalos en modo patrulla ou para o traslado puntual de detidos.

Ademais, os vehículos dispoñen de sistema de comunicación SIRDEE (Sistema de radiocomunicacións Dixitais de Emerxencia do Estado), localización GPS, megafonía, sirena, ponte de sinalización prioritaria (conxunto de luces oficiais dispostas no teito do vehículo), defensas policiais e porta-defensas, lanternas (con instalación de cargadores) e a pintura bicolor que caracteriza aos coches da Garda Civil.

Anuncios