Prado Surf proxecta ao aire libre a película “Locos por el surf 2. Olamanía”

A Escola de Surf de Nigrán Prado Surf, en colaboración co Concello de Nigrán, ofrece mañá mércores 19 de xullo ás 22:30 horas na explanada de Patos a proxección ao aire libre da película “Locos por el surf 2. Olamanía”. Trátase dunha actividade gratuíta. Cody, Chicken Joe e Lani volveron coa súa aventura máis épica. O Dream Team dos surfeiros, os Hang 5 pon a proba a Cody e aos seus amigos e ensínanlles o significado de traballar en equipo mentres se dirixen ao lugar máis lendario do mundo para surfear.