Anuncios
Ticker de novas

O CB Nigrán clausura o seu campus cunha visita dos bombeiros

FOTO: CB NIGRÁN

O CB Nigrán clausurou o seu campus cunha visita especial dos bombeiros, unha grata sorpresa para os nenos e nenas que participaron no campus e que gozaron de xeito abondo cos xogos de auga.

Antes desta visita os máis pequenos puideron aprender unhas primeiras nocións de primeiros auxilios grazas ao persoal sanitario que colaborou no campus e para finalizar a xornada tivo lugar un pequeno acto de clausura no que o concelleiro de Deportes, Luis Sanromán, fixo entrega dos correspondentes diplomas a cada un dos participantes ademais doutros obsequios achegados polo CB Nigrán.

Durante este acto de clausura tamén se entregou o premio ao gañador do concurso de debuxo que se realizou ao longo da semana, debuxo que formará parte do cartel promocional do campus do próximo ano.

O CB Nigrán pecha así unha semana de campus global no que ademais da visita estrela de Pepe Casal puideron gozar de ciencia divertida, ximkanas en inglés, xogos na praia e como non baloncesto.

Este campus supuxo un gran éxito para o club, os nenos e nenas participantes mostraban onte a súa tristeza pola finalización do mesmo e moitos deles xa fixeron a inscrición para o próximo campus que o CB Nigrán organiza en Gondomar do 31 de xullo ao 4 de agosto.

Anuncios