Anuncios
Ticker de novas

Gondomar ten que volver licitar os postos da Praza de Abastos segundo o informe do Secretario

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha vez coñecido o informe do Secretario Muncipal, no que se corrobora que o proceso era correcto e que non había razón legal para a suspensión do mesmo, a Concellería de Comercio volverá a poñer en marcha, agora por imperativo legal, o proceso de regularización dos postos da Praza de Abastos “para rematar coa situación en precario dos paraceiros alí instaldos”, sinala Xosé Antón Araúxo. Asemade, procederase tamén a reanudar a licitación dos postos baleiros tan pronto se resolvan os recursos presentados. “O Concello de Gondomar precisa poñer orde canto antes no seu mercado de abastos, como ferramenta imprescindible para dinamizar as relacións comerciais e de consumo dos seus veciños, e tamén como unha peza clave na economía local”.

“Se non se houbese paralizado o procedemento, a día de hoxe Gondomar tería resolto un problema que se arrastra dende hai décadas. Hoxe, tanto os actuais praceiros, como os novos licitantes, estarían todos cubertos pola legalidade, terían seguridade xurídica nos seus negocios, e estabilidade laboral”, engade o concelleiro de Comercio e Turismo.

Araúxo afirma que queda así demostrado que non son posibles subterfuxios nin cambalaches que trampeen a lei como propuña o PP, “contradecindo o seu propio regulamento, nin existen outras posibilidades como afirmaba o Alcalde nos medios de comunicación, por certo, despois da emisión do devandito informe asinado pola Secretaría Xeral do Concello o pasado 28 de xuño”.

O Grupo Municipal de Manifesto Miñor, co ánimo de contribuír a unha maior clarificación neste asunto, conta cun estenso e fundamentado informe xurídico emitido polo profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña, Carlos Ayumerich Cano, que coincidindo no fundamental co da Secretaria Xeral do Concello, fai fincapé: “O único título válido para a ocupación legal dos postos do mercado municipal é a concesión demanial, outorgada a través dun procedemento público, aberto e competitivo. E que esta regularización ten, como data límite, o 8 de marzo de 2018, día en que se cumpre o prazo de cinco anos fixado.”

“É vontade desta Concellería volver a licitar canto antes os postos da Praza de Abastos, tan pronto se resolvan os recursos das persoas que se presentaron á licitación, seguindo o mandato imperativo da Lei, e que recollen os informes xurídicos citados. Isto é: a través dunha concesión, previa a un concurso público, libre, e en igualdade de condicióans para todos os licitantes”, conclúe Araúxo.

Anuncios