Anuncios
Ticker de novas

As “poxas” de San Antonio recadan 900 euros en Gondomar

As festas patronais de Gondomar culminaron este mércores coa xornada dedicada a San Antonio. Ás 18:00 horas comezaron as tradicionais “poxas”, reunindo a centos de veciños na parte traseira do atrio da Igrexa de San Bieito.

Carlos Riveiro, coñecido como Carlos de Gondomar, foi o encargado das poxas. Unha folla de bacallau por 70 euros, unha ristra de allos por 50, coellos por entre 30 e 40 euros, galos desde 30 a 70, patacas, ciruelas ou un anaco de xamón por 50 euros, plantas desde 10 a 30 euros… foron algúns dos produtos que os asistentes puideron levar para casa. Destacou unha imaxe da Virxe do Pilar bendicida na Basílica do Pilar de Zaragoza, doada por un maño que todos os anos visita Gondomar, e que se adxudicou en 90 euros.

En total, recadáronse 900 euros que serán destinados para o pan dos pobres de San Antonio.

Anuncios