Anuncios
Ticker de novas

Nigrán acollerá a 1ª Xuntanza “Pazo Motor Fest”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Ruta moteira A Cento Cien.

Moto Club Galicia organiza os próximos días 29 e 30 de xullo a 1ª Xuntanza “Pazo Motor Fest” no Pazo de Urzáiz, en Nigrán. Haberá acampada gratis, rutas, actuacións en directo, unha homenaxe de Stop Guardarraíles aos compañeiros falecidos e moitas sorpresas máis.

As inscricións pódense formalizar no teléfono 670 999 196, cun prezo de 25 euros (programa completo sen comida o domingo) ou 30 euros (programa completo con comida o domingo). Os non inscritos poderán adquirir unha entrada para o concerto do sábado ás 00:00 horas cunha copa por 10 euros.

Formas de pago: por conta bancaria ES19 2080 5027 2730 4002 6883 ou nas oficinas Don Pepe (Estrada Camposancos, 347 – Vigo), en horario de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas.

Programa

Sábado 29
17:00 h. Apertura e entrega de souvenir.
19:00 h. Ruta moteira e pinchada.
21:00 h. Sesión Vermut no xardín e Show de maxia “Berto”. Sorteo de agasallos.
22:00 h. Cea moteira e queimada.
23:30 h. Homenaxe de Stop Guardarraíles aos compañeiros que xa non rodan connosco.
00:00 h. Actuación en directo de “Salitre Band” con cover de rock, pop e funk internacional. Sesión DJ con “Dream Music”.

Domingo 30
10:00 h. Almorzo no Pazo de Urzáiz.
11:30 h. Ruta moteira.
14:00 h. Comida moteira e despedida.

Anuncios