Gondomar honra este martes ao seu patrón San Bieito

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Comisión de Festas de Gondomar, en colaboración co Concello, a Concellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra, volven traer unha ano máis as Festas Patronais de San Bieito, que comezaron o venres e prolongaranse ata o mércores 12 de xullo.

A xornada do martes 11 estará dedicada a San Bieito. O programa comezará ás 11:00 da mañá co pasarrúas a cargo da Banda Agrupación Musical de Belesar. Ás 12:00 celebrarase a Misa Solemne con posterior procesión na honra de San Bieito acompañada pola devandita banda, que ofrecerá ademais un concerto ás 13:00 horas. Pola noite, a verbena estará amenizada pola Orquestra Trovadores.

Tamén haberá misas ás 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 13:00, 17:30, 18:30, 19:30, 20:30 e 21:30 horas.

As festas continuarán con máis pasarrúas, verbenas, as poxas a cargo de Carlos Riveiro, coñecido como Carlos de Gondomar, as ofrendas florais e os actos relixiosos. Tampouco faltan as atraccións para que os nenos e nenas divírtanse na festa.

Martes 11 de xullo, na honra de San Bieito

Ás 11:00 h. pasarrúas a cargo da Banda Agrupación Musical de Belesar
Ás 12:00 h. Misa Solemne e procesión na honra de S. Bieito acompañada pola devandita Banda
Ás 13:00 h. Concerto da Banda Agrupación Musical de Belesar
Verbena coa Orquestra Trobadores

Mércores 12 de xullo, na honra de San Antonio

Ás 18:00 h. Poxas na honra de S. Antonio a cargo de Carlos Riveiro «Carlos de Gondomar»
Ás 20:30 h. Misa Solemne e procesión na honra de S. Antonio
Verbena coa Orquestra Saudade

Actos relixiosos

O 11 de xullo haberá misas ás 07:00, 08:00, 09:00, 10:00, 11:00, 13:00, 17:30, 18:30, 19:30, 20:30 e 21:30 h., ademais da Solemne ás 12:30 h.

O 12 de xullo despois da Misa das 20:30 h. na honra de San Antonio terá lugar a Festa da Gratitude e ofrenda de flores á Virxe do Carme.

O 16 de xullo ás 20:30 h. haberá Misa e procesión na honra da Virxe do Carme.

Anuncios