
O pasado dous de xullo en Navaleno, Soria, a baionesa Silvia Marcote do club redondelán MeigArco logrou por segunda vez consecutiva a primeira posición no Campionato de España de tiro con arco 3D Sub 14 arco instintivo mulleres. En 2016 era proclamada Campioa de España por chegar ao mínimo de participantes e en 2017 logra ser primeira clasificada por non chegar ao mínimo.
Logra esta vitoria tras conseguir o Subcampionato Galego de Bosque 3d Sub 14 sen visor celebrado o 18 de xuño en Redondela.
A proba, organizada pola RFETA e o Club de Arqueiros de Navaleno, consistiu en dous percorridos de bosque de 24 figuras onde conseguiu un total de 640 puntos mellorando a súa marca en 32 puntos en relación ao Campionato de España 2016.
Silvia mostrouse moi contenta co resultado da proba e do bo ambiente durante a mesma así como tamén o bo traballo realizado pola organización , xuíces e representantes da RFETA que souberon en todo momento desenvolverse de forma correcta durante o transcurso da proba.