Anuncios
Ticker de novas

O Centro Juan María traslada as súas actividades á rúa

FOTO: CENTRO JUAN MARÍA

O Centro Juan María realizará durante o mes de xullo actividades na comunidade enmarcadas dentro do Proxecto “Vida en Comunidade”, que veñen desenvolvendo desde o ano 2012, e no que ofrecen experiencias de interacción inclusivas, nas que pode participar calquera persoa que queira, con actividades que habitualmente desenvolven no Centro. Estarán todos os días no parque do paseo da Ramallosa de 10:30 a 13:00 horas.

Ademais, dinamizarán actividades cos/as nenos/as que participan nos campamentos urbanos dos Concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona os seguintes días:

• Luns 10 de xullo (10:30-12:30 horas aprox.): actividades con usuarios/as do campamento de verán de Nigrán nas instalacións do CPI de Panxón.

• Martes 11 de xullo (10:30-12.30 horas aprox.): actividades con usuarios/as do campamento de verán de Sabarís na contorna da Caseta Juan María do parque do paseo da Ramallosa.

• Venres 14 de xullo (10:30-12:30 horas aprox.): actividades con usuarios/as do campamento de verán de Baiona na Rúa Carabela Pinta de Baiona.

• Venres 21 de xullo (10:30-12:30 horas aprox.): actividades con usuarios/as do campamento de verán de Gondomar. Lugar por confirmar.

Anuncios