Nigrán ofrece un curso gratuíto de remedios caseiros para combater pragas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Centro Antena de Nigrán.

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición dende mañá 27 de abril ao 4 de maio para participar nun curso gratuíto de remedios caseiros para combater pragas destinado a empadroados no municipio e que se desenvolverá o sábado 5 de maio no Centro Antena de Nigrán (Otero Pedrayo, 52) de 10:00 a 14:00 horas. O número de prazas está limitado a 20 persoas e se seguirá unha rigorosa orde de inscrición a través da Oficina de Información Cidadá do Concello de 09:00 a 14:00 horas, ben presencialmente ou a través do teléfono 986 365 000.

Anuncios