
Un accidente de tráfico rexistrado nas últimas horas deixa un motorista ferido en Gondomar. Unha colisión entre unha moto e un turismo saldouse co motorista ferido. O accidente tivo lugar na PO-331, na zona da Rochela. Foi unha persoa particular a que alertou dos feitos ao 112 Galicia ás 14:40 horas de hoxe. Dende a central de emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas, ao GES do Val Miñor, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.