Anuncios
Ticker de novas

Baiona baila reggaeton con DJ Vince Stone & Malleiro

O DJ e produtor baionés DJ Vince Stone, residente en Villa Rosa e con máis de 12 anos de experiencia, embárcase de cheo na produción musical co tema estival “Bailando Reggaeton”, coa voz do artista Alberto Malleiro.

A canción acompáñase cun videoclip rodado integramente en Baiona, estreado o pasado xoves, realizado pola produtora local Samaín Producións. O tema musical, que se podería encasillar no estilo Electro-Latino para bailar este verán nas pistas, xa está dispoñible nas plataformas dixitais.

Anuncios