
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Vigo informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Nigrán.
Axentes da Policía Autonómica de Vigo procederon á investigación de dúas persoas como presuntos autores dun incendio por neglixencia, na realización dunha queima de restos forestais. O permiso de queima fóralle denegado por mor do risco de incendios nese momento.
O incendio tivo lugar o pasado día 15 de xuño, na parroquia de Chandebrito, no concello de Nigrán, afectando a 0,70 hectáreas de terreo forestal arborado. Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 7 de Vigo.
No que vai de ano, son 54 os investigados pola Policía Autonómica por delitos relacionados con lumes nos montes galegos.