Anuncios
Ticker de novas

Gondomar reafirma os lazos co seu homólogo portugués

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Ferreira, Martíns e Silva tras o acto de irmandamento.

23 anos despois da última visita formal e coincidindo coa Festa da Rosquilla, Gondomar reafirmou este domingo o irmandamento co seu homólogo Gondomar de Portugal.

A Banda da Agrupación Musical de Vincios abriu o acto celebrado na Praza do Concello cun pasodobre propio da Vila Condal. Tras as intervencións chegou o momento do intercambio de obsequios e a interpretación dos himnos de Portugal e Galicia.

Ademais do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e o presidente da Cámara Municipal de Gondomar, Marco Martíns, asistiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, así como outras autoridades civís e militares.

Un pasarrúas ata a Praza da Alameda puxo fin á cerimonia, tras a que ambos os dous municipios esperan retomar as relacións culturais, deportivas, turísticas e institucionais.

Para a ocasión, trasladáronse ata a localidade miñorana o Rancho Folclórico de San Cosme e a Ruta da Filigrana de Gondomar de Portugal.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios