Alberto Meira sairá a pola vitoria no próximo Rali Sur do Condado

Hai algunhas semanas, no Rali de Narón, unha picada afastaba a Alberto Meira e José Murado da pelexa pola vitoria, obrigando ao equipo a realizar unha magnífica remontada, na que recuperaron postos ata acabar o rali no terceiro lugar. “Non era o resultado esperado, pero si o mellor posible dadas as circunstancias”, indica Meira, que o próximo fin de semana afrontará un rali especial para el como é o Sur do Condado: “É a proba do Galego que se celebra máis preto de casa, así que é obvio que cando participamos nela sentímonos especialmente arroupados. Destes tramos gardo sobre todo recordos bos, por exemplo de cando neles disputábase o Rali Rías Baixas, que supuxo o meu primeiro triunfo nun rali do Campionato de España, pero tamén de grandes resultados a nivel autonómico. O ano pasado gañamos este rali e iso supuxo un gran paso para a conquista do Campionato Galego ante Iago Caamaño. Este ano gustaríame que se repetise o guión, porque todo parece indicar que de novo el será o noso rival máis forte. De todos os xeitos non se pode subestimar a ninguén e haberá que ter moi en conta a pilotos por exemplo David González”.

Aínda que a carreira desenvólvese enteiramente ao longo do sábado 8 de xullo, será na tarde do venres cando teñan lugar en Salvaterra do Miño as verificacións administrativas e técnicas dos vehículos, así como un acto de firma de autógrafos, onde tomarán parte os principais pilotos da proba entre as 19:45 e as 20:15.

HORARIOS – SÁBADO 8 XULLO

Inicio rali a partir das 7:30 desde o parque da Canuda.

Chrome Legacy Window 02072017 171628

Final do rali a partir das 21:45 no parque da Canuda.
Parque de traballo situado no Polígono Industrial de Salvaterra.