Mila López consegue a vitoria no I Criterium Internacional Handbike da Comunidade Valenciana

Mila López sumou este sábado unha nova vitoria ao seu palmarés, conseguindo ser a primeira clasificada no I Criterium Internacional Handbike da Comunidade Valenciana, organizado polo Club d´Esports Adaptats La Vall D´Uixó no circuíto Ricardo Tormo de Cheste. A baionesa, do club Ifit, foi a primeira de todas as categorías de mulleres e da súa propia categoría, WH4.

O Criterium Internacional Handbike de Cheste é unha carreira de ciclismo adaptado enmarcada dentro do Campionato de España de ciclismo 24 horas. Este evento veuse realizando os últimos 11 anos na Vall D’Uixó cunha crecente participación internacional. Co obxectivo de ofrecer un trazado máis adecuado, seguro e atractivo para os participantes e espectadores, trasladouse a un circuíto de renome mundial como é o Circuit Ricardo Tormo.

A carreira contou cuns 50 participantes de España, Andorra e Portugal. Os handbikers deron voltas ao circuíto de forma ininterrompida, premiándose ao participante que completou as 10 voltas en menor tempo, independentemente da súa categoría e modalidade, e a aqueles participantes que, á chegada a meta tras o gañador da proba, completasen máis voltas en menor tempo tendo en conta a súa categoría. Mila López completou un total de 7 voltas.

“A proba empezou co problema da choiva, a nivel de chan resta moita visibilidade a choiva e a auga que che vai salpicando do chan, ademais de facer máis perigosa a última curva Adrián Campos, antes da recta de meta e da que xa avisaran os ciclistas que correran na proba previa que era bastante perigosa en bicicleta”, comentou Mila a ValmiñorTV. Agora toca preparar o Open de Andorra.

2017-07-01 - 19648323_1820106864971041_513496321_o